martes, 11 de noviembre de 2014

Guía para pais infantil

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
COLEXIO "CASA DE LA VIRGEN"
GUÍA PARA PAIS: PREVENCIÓN DE PROBLEMAS NOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL.




Colexio "Casa de la Virgen". Cangas
Neste curso, a igual que nos anos anteriores, co motivo de prever as
dificultades nos nenos, de idades comprendidas entre os 3 e 6 anos,
estase levando a cabo dende a aula de Audición e Linguaxe un Programa
de prevención de problemas propios desta etapa. Neste programa
trabállanse:
Autonomía.
Desenvolvemento da linguaxe: respiración, sopro, movementos
bucofaciais, expresión e comprensión oral, articulación, voz, ritmo,
audición.
Desenvolvemento psicomotor.
Lateralidade.

I.- PAUTAS PARA POTENCIAR A AUTONOMÍA
Podemos axudarlles, sobre todo, nas actividades da vida diaria
(alimentación, aseo, vestido, comunicación e xogo) xa que isto verase
reflectido no seu comportamento escolar:
1.- O neno debe comer por si só.
2.- Aprender a utilizar con soltura os cubertos (culler e garfo) e
aprender a cortar alimentos brandos co coitelo.
3.- Axudar a preparar e recoller a mesa.
4.- Tomar alimentos sólidos, nin triturados nin biberóns.
5.- Retirar o chupete, que xa debería estar feito despois do primeiro ano.
6.- Debe aprender a abrochar e desabrochar botóns.
7.- Aprender a vestirse só, pouco a pouco, comezando con prendas
grandes, como abrigos, chaquetas e terminando por pantalóns, calcetíns
e leotardos.
8.- Debe coñecer e identificar as partes do corpo.
9.- En canto ó aseo debe enxabonarse e secarse, lavarse os dentes e
realizar tódolos pasos só.
10.- Sonarse cun pano.
11.- Control de esfínteres. Non utilizar pañales diurnos e nocturnos.
Non preocuparse se esporadicamente hai algún episodio, pensar que pode
estar acusando un cambio por pequeno que sexa. Así como aparece o
normal é que desapareza.
12.- Potenciar que comparta xoguetes.9.- En canto ó aseo debe
enxabonarse e secarse, lavarse os dentes e realizar tódolos pasos só.
10.- Sonarse cun pano.
11.- Control de esfínteres. Non utilizar pañales diurnos e nocturnos.
Non preocuparse se esporadicamente hai algún episodio, pensar que pode
estar acusando un cambio por pequeno que sexa. Así como aparece o
normal é que desapareza.
12.- Potenciar que comparta xoguetes.
13.- Gardar as cousas que utiliza.
14.- Saudar as persoas coñecidas.
15.- Axudar sistematicamente nas tarefas doadas da casa.
16.- Seguir as regras do xogo.
17.- Potenciar a coordinación a través do xogo: saltar, correr, subir
e baixar escaleiras.
18.- Evitar o uso de sillas de paseo infantil.
19.- Deben aprender a esperar o seu turno. Ser pacientes.
20.- Obedecer á primeira a maioría das veces
21.- Deben deitarse sempre á mesma hora, acostumándose a durmirse eles sos.